Niet blij met je aankoop? Geeft niet! Bij ons kun je binnen 30 dagen retourneren
Met een cadeaubon zit je altijd goed. De ontvanger kan de cadeaubon voor alles uit ons assortiment inwisselen.
Retourneren binnen 30 dagen
Con 18 anos, Mario embarca por primeira vez no buque conxelador Praia de Oza, que vai faenar ás augas de Terranova. O barco naufraga e, sen saber como, Mario esperta nunha praia onde atopa a solitaria taberna O Mascato Negro. Entra para buscar axuda e descobre que alí vive un grupo de mariñeiros á espera de que algo suceda para poder fuxir da taberna e da praia. Mario tamén ten que agardar, e mentres o tempo pasa vai coñecendo as historias dos demais mariñeiros. A taberna do Mascato Negro pódese considerar un libro de contos ou unha novela. Nas súas páxinas está presente a fantasía de relatos mariñeiros e a realidade máis dramática do mar, así como a paixón polo mundo do mar e a vidas das xentes mariñas.