Niet blij met je aankoop? Geeft niet! Je kunt artikelen tot 30 dagen retourneren
Met een cadeaubon zit je altijd goed. De ontvanger kan de cadeaubon voor alles uit ons assortiment inwisselen.
Tot 30 dagen retourrecht
A obsesión que o groso das elites sociais, políticas e culturaisamosan dende hai máis dunha década polo suposto «inverno demográfico»que asola Galicia, coincide no tempo co inicio da quinta vagaemigratoria que sacode o país ao longo da súa historia. É a primeirada democracia, pasados trinta anos da ocorrida en 1950-1975, despoisdo gasto de cuantiosas axudas europeas destinadas dende 1986 a crearemprego, e afecta xa a máis de 380.000 mozos e mozas, un de cada douscon estudos medios ou superiores. A resposta das autoridades galegas a esta importante perda de capital humano e do seu potencialdemográfico consistiu na difusión social do natalismo. Unha ideoloxíacaracterizada por agochar a emigración e culpar os vellos e asmulleres da pronta «morte de Galicia». Fronte a isto, este libro é un exercicio de «historia crítica» quecontrasta o pasado e o presente, o que foi e o que se nos di que é, eserá, Galicia. O resultado amosa a enorme capacidade que a vellez e aemigración supuxeron para vertebrar a nosa historia, e xa que logo,para configurar o presente que estamos a vivir. Un presente que, comao noso futuro, nada ten que ver con esa «morte de Galicia» predicadapolos partidarios do natalismo.
Hoi! Ik ben Libroamiko, je boekadviseur.
Hoe kan ik je helpen?