Niet blij met je aankoop? Geeft niet! Bij ons kun je binnen 30 dagen retourneren
Met een cadeaubon zit je altijd goed. De ontvanger kan de cadeaubon voor alles uit ons assortiment inwisselen.
Retourneren binnen 30 dagen
Unha edición grande e acartonada do clásico ilustrado, agora en galego, ideal para contar e compartir. 'A que sabe a lúa ' é, sen lugar a dúbidas, unha das publicacións máis emblemáticas do catálogo de Kalandraka. Desde a súa publicación en 1999, máis de 500.000 exemplares deste relato de solidariedade e soños compartidos teñen viaxado a fogares, escolas ou bibliotecas nos diferentes idiomas nos que foi editado: galego, castelán, català, euskara, portugués, inglés, italiano... Kalandraka achéganos agora en lingua galega este clásico contemporáneo nun novo formato en cartoné e tamaño excepcional, ideal para ler en grupo e que de certo se converterá nun recurso imprescindible para mediadoras, escolas e bibliotecas. 'A que sabe a lúa ', escrito e ilustrado polo autor e ilustrador polaco Michael Grejniec, é un libro especialmente recomendado para primeiros lectores. Basea a súa estrutura nas repeticións e na acumulación de personaxes, un recurso moi frecuente na literatura de tradición oral. Esta obra convida a ser contada, conseguindo unha grande interacción entre o narrador e os receptores.
Hoi! Ik ben Libroamiko, je boekadviseur.
Hoe kan ik je helpen?