Niet blij met je aankoop? Geeft niet! Je kunt artikelen tot 30 dagen retourneren
Met een cadeaubon zit je altijd goed. De ontvanger kan de cadeaubon voor alles uit ons assortiment inwisselen.
Tot 30 dagen retourrecht
Un home baixa do tren cando falta pouco para que o verán de 1959acabe. Nunca antes estivo na Coru?a e chega coa misión de vingar catro camaradas asasinados durante a acción que debería po?erlle fin áloita do maquis. As pistas lévano a un sanatorio das aforas, e mentres el decide cándo e cómo será o castigo para o traidor, os lectores van asomarse ás vidas do grupo que organiza a resistencia cívica contra a Dictadura. Daquela, Franco vai saír do pazo de Meirás para unhainauguración, e o home que baixara do tren pensa: qué ocorreríase...En Expediente Artieda, a novela de Luís Rei Nú?ez, ga?adora doPremio Xerais 2000, aparece o heroísmo dos que só agardan como premiomáis probable, no canto das medallas, a tortura ou o cárcere, e nonlles importa. Pero tamén aparecen os so?os da infancia, o peso damemoria e o inmenso poder, mesmo destructivo, do amor. ExpedienteArtieda é unha novela coral, onde se mestura unha voz narradora enterceira persoa, con outras moitas en primeira, que reconstrúe ahistoria da resistencia urbana antifranquista, dende o heroísmo dosseres anónimos. Unha novela nostálxica que recrea de forma expléndidae evocadora á Coru?a do tardofranquismo, unha cidade que se recuperapara a memoria dos lectores de hoxe.
Hoi! Ik ben Libroamiko, je boekadviseur.
Hoe kan ik je helpen?