Niet blij met je aankoop? Geeft niet! Je kunt artikelen tot 30 dagen retourneren
Met een cadeaubon zit je altijd goed. De ontvanger kan de cadeaubon voor alles uit ons assortiment inwisselen.
Tot 30 dagen retourrecht
Unha das escritoras arxentinas máis destacadas actualmente é María Rosa Lojo, de quen Editorial Galaxia publica, en tradución galega, a novela A fin da terra. As orixes familiares da autora, de pai galego, teñen moito que ver con esta obra que sae á luz no 2006 ao mesmo tempo en castelán que en galego. Nun invermo Londinense, alá polo 1874, Elizabeth Armstrong comeza a ler as cartas que inesperadamente lle chegan desde Galicia, desde a afastada vila de Fisterra. A súa correspondente Rosalind, promete nelas rachar o teimudo silencio que sempre rodeou o nacemento da protagonista no Río da Prata. As súas cartas lévana corenta anos atrás, á Arxentina, á tribo dos indios ranqueles, á súa propia orixe. Entrementres Elizabeth fai amizade co case adolescente Oscar Wilde, rexeita ofertas matrimoniais e, fascinada,descobre un pasado, encóntrase co que descoñece de si mesma. Historias e personaxes de tempos e culturas diferentes, dun e doutro lado do Atlántico, da Arxentina, de Irlanda e de Galicia, conflúen neste romance, unha procura no enigma da identidade, un "camiño de Fisterra". metáfora do límite e do extremo onde nos enfrontamos ao descoñecido, ao misterio que cadaquén leva dentro de si mesmo.
Hoi! Ik ben Libroamiko, je boekadviseur.
Hoe kan ik je helpen?