Niet blij met je aankoop? Geeft niet! Je kunt artikelen tot 30 dagen retourneren
Met een cadeaubon zit je altijd goed. De ontvanger kan de cadeaubon voor alles uit ons assortiment inwisselen.
Tot 30 dagen retourrecht
A historia fermosa e conmovedora dun ancián que lembra a súa vida con nostalxia: paseos co seu neto, comidas inapropiadas ás agachadas do doutor, visitas á panadeira, escapadas a seu querido mar... mais tamén lembranzas románticas, divertidas e, sobre todo, longas conversas con Ela. Literatura e arte en estado puro, para todos os públicos, neste relato afectuoso, doce e melancólico que transcorre nun escenario cotiá, de xeito realista; narrado -case susurrado- con sinxeleza e tenrura, para captar a complicidade do lector. Prosa poética concisa, suxerente e evocadora, que destaca pola precisión da linguaxe que emprega e pola súa afección por describir o mundo rural e o mariñeiro.