Niet blij met je aankoop? Geeft niet! Je kunt artikelen tot 30 dagen retourneren
Met een cadeaubon zit je altijd goed. De ontvanger kan de cadeaubon voor alles uit ons assortiment inwisselen.
Tot 30 dagen retourrecht
Galicia é o seu pobo. Galicia é un corpo social con personalidade deseu. Se o pobo galego avellenta e torna feble, Galicia tamén o fará.Desde esta óptica, o Instituto de Estudos das Identidades, encadradono Museo do Pobo Galego, decidiu pór en marcha uns foros de reflexióne debate sobre o grave reto demográfico que afronta o País. Este libro nace desa iniciativa e das achegas dunha escolma de expertos epersoeiros que avalían as causas, consecuencias e remedios precisosque atinxen a nosa baixa fecundidade como ser colectivo. Os desafíos non se superan ignorándoos. Tampouco este. Por iso, situar o problema na axenda e na ágora públicas resulta imprescindible. Ocompromiso co futuro do noso pobo demanda que se fale con paixón erigor sobre como superar esta situación, na que levamos instaladosmáis de dúas décadas. Galicia sobreviviu a unha chea de circunstancias adversas duranteséculos, pero nunca encarou un reto semellante ao que vén padecendodesde hai anos. Morren máis galegos dos que nacen, e con ese déficitvital o País vai esmorecendo. Pero non é tempo de laios, nin deremorsos ou reproches. E tempo de espertar e traballar xuntos por unha Galicia vizosa e nova, orgullosa do seu pasado e afouta cara ao seuporvir.
Hoi! Ik ben Libroamiko, je boekadviseur.
Hoe kan ik je helpen?