Niet blij met je aankoop? Geeft niet! Je kunt artikelen tot 30 dagen retourneren
Met een cadeaubon zit je altijd goed. De ontvanger kan de cadeaubon voor alles uit ons assortiment inwisselen.
Tot 30 dagen retourrecht
Continuando no ronsel de Pensa nao, esta nova novela de Anxo Angueiralévanos agora a fins dos sesenta, ós anos en que se organiza aprimeira resistencia activa antifranquista. E lévanos a bordo dunpequeno galeón a vela que lle dá o título, Iria, e que se converte nogrande protagonista. As súas travesías pola Arousa e as súasremontadas polo Ulla, descritas co léxico náutico aínda vivo, parecenás veces concibidas como unha dura proba de resistencia, de escriturae de lectura, na que o autor e o lector viven embarcados.Entretecido coas viaxes do galeón, o traballo na construción dun canal de regadío funciona como contrapunto obreiro e labrego que contrapesa o protagonismo do mundo mari?eiro. Pero tamén é toda unha metáforasocial e política da época. Cosendo tódolos fíos, as entremesturadashistorias de afogados semellan unha memoria polifónica do Ulla e maisda Arousa.Concibida e escrita sen concesións, Iria é un poderoso exercicioliterario que nos leva a bordo, coma en Manoel Antonio, e nos emproacara a horizontes nunca antes navegados. Unha novela memorable, unfito na narrativa galega contemporánea.
Hoi! Ik ben Libroamiko, je boekadviseur.
Hoe kan ik je helpen?