Niet blij met je aankoop? Geeft niet! Bij ons kun je binnen 30 dagen retourneren
Met een cadeaubon zit je altijd goed. De ontvanger kan de cadeaubon voor alles uit ons assortiment inwisselen.
Retourneren binnen 30 dagen
O paseo, que chegou ás librarías en 1917, é seguramente a obra máis emblemática do suízo Robert Walser. Estamos ante unha xoia literaria, ante unha exquisitez que revela unha inusitada vis cómica e lírica e máis un abraiante dominio da lingua. Atopamos aquí, marabillados, unha voz modesta, despreocupada, feliz e xovial, fresca, confiada, agradecida e ceiba. Unha voz, a maiores, discreta e elegante. Unha voz calma, transida de tenrura, de piedade e de amor; unha voz incapaz de asumir a carga prosaica e práctica da modernidade; a voz, en fin, dun ser humano perdido, fragmentado, que se esfarela entre o conxunto das cousas pequenas e fuxidías, e, desta guisa, se libera do peso dun mundo que non recoñece nin lle ten sentido.É precisamente a este mundo noso tan estraño que Walser lle entregou O paseo, a súa idea da camiñada como ritual humilde, como arte, como pura poesía, exuberante, exaltada, intensa e evocadora, e como fonte dunha filosofía que, construída desde a beira, a insignificancia, a inseguridade e a soidade, descansa na contemplación ingrávida e demorada e conduce á fusión final coa contorna, é dicir, á difuminación, á desaparición, ao esquecemento; á disolución da dor, da angustia, do medo sempre pudorosamente silenciados.
Hoi! Ik ben Libroamiko, je boekadviseur.
Hoe kan ik je helpen?