Niet blij met je aankoop? Geeft niet! Je kunt artikelen tot 30 dagen retourneren
Met een cadeaubon zit je altijd goed. De ontvanger kan de cadeaubon voor alles uit ons assortiment inwisselen.
Tot 30 dagen retourrecht
Os relatos que compoñen este sorprendente libro, tinxido de exotismo e sensualidade, artéllanse ao redor dunha recoñecida frase de Óscar Wilde: «O triángulo é a figura clave da xeografía sentimental». Baixo esta transgresora sentencia, os protagonistas destas narracións desenvolven as súas historias nunha atmosfera ateigada de paixóns ocultas, emocións encontradas e relacións inconfesables.Nove relatos tensos e vibrantes que gardan no seu contido argumental espléndidos paralelismos coas controvertidas vidas de Virginia Woolf, Vicent Van Gogh, James Joyce e Nora Barnacle. Aventuras amorosas e exploracións sensoriais, a través de escenarios como Sicilia, Marrocos, Cornualles, Provenza, Yucatán e a Toscana, que nos lembran a capacidade esteticista e seductora dalgunhas paisaxes para conmovernos.O triángulo de Óscar Wilde é tamén unha aposta decidida do autor por amosar, a través dunha coidada e fermosa linguaxe, o seu amor pola literatura, as viaxes sen destino e os personaxes que coas súas arestas exhiben a xeografía dos seus sentimentos máis intimos.?Unha viaxe intensa pola alma dos mitos, polas cidades da literatura e polo corazón desacougado dos amores imposibles, un deleitoso agasallo que esculpirá na nosa memoria a xeometría exacta dun triángulo trazado coas liñas do desexo e a seducción?.(A. Riveiro Coello)
Hoi! Ik ben Libroamiko, je boekadviseur.
Hoe kan ik je helpen?