Niet blij met je aankoop? Geeft niet! Je kunt artikelen tot 30 dagen retourneren
Met een cadeaubon zit je altijd goed. De ontvanger kan de cadeaubon voor alles uit ons assortiment inwisselen.
Tot 30 dagen retourrecht
Entre frecuentes alusións a Castelao, a quen se homenaxea no propiotítulo, Os tres de nunca é a historia do Bocoi, do Patacón e mais doMilorde, tres amigos ben diferentes entre si, por clase social,formación, traballo, mesmo aparencia física, aos que decontadoseparará a Guerra Civil. Trátase dun texto coral de estruturafragmentaria onde van entrando, saíndo e recuncando moitos outrospersonaxes unidos por viviren na cidade da Coru?a e pola sorte de quevelen por eles os trasnos, outrora petrificados nos canzorros de todas as igrexas rurais. Non é este un relato sobre a Guerra Civil: crúzaa en escenarios deGaliza, Asturies, Madrid e... París, mais non se detén nela, senón que persegue os seus personaxes por toda a Guerra Mundial en Francia,Inglaterra e sobre todo en Galiza, á marxe de toda épica, para deterse na equívoca actitude dos gobernos británicos fronte ao franquismo.É esta tamén a historia de como guerra e política transforman os seres comúns, como «unha boa persoa» chega a converterse nun infame sendubidar que está a obrar ben, como a desidia, o medo, a preguiza e aalienación acaban por estragar os nobres ideais. A intervención domarabilloso non chega para mudar o curso da Historia cando oencadeamento dos conflitos consegue aterrorizar os propios seresdiminutos que enchen os nosos campos, aldeas e cidades.Novela monumental que transita polos vieiros do memorialismoficcionalizado, sitúa a Nacho Taibo como un dos narradores dereferencia da narrativa galega de entre séculos.
Hoi! Ik ben Libroamiko, je boekadviseur.
Hoe kan ik je helpen?