Niet blij met je aankoop? Geeft niet! Je kunt artikelen tot 30 dagen retourneren
Met een cadeaubon zit je altijd goed. De ontvanger kan de cadeaubon voor alles uit ons assortiment inwisselen.
Tot 30 dagen retourrecht
En Papaventos, Xavier Queipo transpórtanos desde as douradas praias de California ó País da Brétema, pasando por Chicago, a cidade onde oprotagonista co?ecera o frío e a felicidade, o amor e a estabilidadeemocional. A historia de Papaventos ten a súa orixe na morte deGiovanni Portiero, traductor de José Saramago ó inglés. Portieromorreu cego, logo dunha longa enfermidade incapacitante e ó pouco derematar a traducción de Ensaio sobre a Cegueira. Saramago contoullo,totalmente abraiado, a Donzelina Barroso, nunha entrevista que lleconcedeu para a revista literaria The Paris Review, editada en NovaYork no inverno de 1998, logo de recibir o Premio Nobel. Xavier Queipo quere "que ninguén procure outra semellanza. Agás esta anécdota, quedá orixe ó conflicto da novela, o resto da trama, é ficción. Porrespecto a Portiero. Por respecto a Saramago. Por respecto a quen leaesta novela".A partir, pois, desta anécdota real Queipo ensarilla unha historia que narra a desposesión da luz, a privación da seguridadeque ofrece a percepción dun mundo de coordenadas co?ecidas, para semergullar na loita interior dun personaxe enfrontado coafatalidade.Papaventos é unha novela de amor e confusión, de busca edesposesión dos sentidos, unha viaxe iniciática, unha procuraconstante da iluminación e do equilibrio.
Hoi! Ik ben Libroamiko, je boekadviseur.
Hoe kan ik je helpen?