Niet blij met je aankoop? Geeft niet! Bij ons kun je binnen 30 dagen retourneren
Met een cadeaubon zit je altijd goed. De ontvanger kan de cadeaubon voor alles uit ons assortiment inwisselen.
Retourneren binnen 30 dagen
Este libro contén un exercicio literario pouco frecuentado na literatura galega. A creación a dúas voces, entre senllos poetas, consciente e decidida dende un comezo. Unha escritura poética que, coma os latexos da vida, se foi construíndo devagar mais de forma incesante. De xeito que cada poema interpela e dialoga co seu próximo.O joc partit das vellas cantigas medievais cobra vida auténtica e dobra e expande o potencial da voz poética. Os textos entrelázanse, nunha estrutura cambiante e (ir)reversíbel.A partir da sensibilidade individual ?de creadora e creador, neste caso? os versos asumen a condición dun todo único e plural.O que fai que, pola súa vez, isto constitúa un marabilloso exercicio de reinterpretación, á vez singular e colectiva, da existencia.